A LIGA

A Liga Xunta de Galicia de Break é un programa consistente nun circuíto de competición composto por un total de 10 eventos espallados por toda a xeografía galega.

Ver Dosier en PDF
Home
Home

Breaking, deporte olímpico!

O Breaking debutará como deporte olímpico nos Xogos de París 2024. Este proceso de inclusión do Break no programa olímpico, ven enmarcado nunha clara tendencia de expansión dos deportes urbanos por todo o mundo, xa que o Skate, o BMX e o Basket 3x3 tamén teñen o seu debut como deportes olímpicos nos Xogos de Tokyo 2021.

DESTINATARIOS

Poderán participar na liga, en calquera dos formatos e categorías de competición previstas, todas as persoas que teñan 6 ou máis anos. A Liga vai dirixida a practicantes de Break de iniciación e tamén a avanzados, que poderán participar nas correspondentes categorías diferenciadas por nivel técnico.

CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN

CATEGORÍA INICIACIÓN

CATEGORÍA INICIACIÓN

Poderán participar na Categoría Iniciación todas as persoas que comezan a practicar Break e non teñen experiencia no ámbito competitivo.

CATEGORÍA INTERMEDIA

CATEGORÍA INTERMEDIA

Poderán participar na Categoría Intermedia todas as persoas que competiron nesta categoría no 2022 e os/as que acadaran entre o 1º e o 10º posto do Ranking 1vs1 de Iniciación da Liga de Break do 2022.

CATEGORÍA AVANZADA

CATEGORÍA AVANZADA

Poderán participar nesta categoría as persoas con nivel técnico medio-alto e experiencia acreditada no ámbito competitivo e tamén os/as competidores que acadaran os postos 1º,2º e 3º do Ranking 1vs1 da Categoría Intermedia da Liga de Break 2022.

Participa e compite en varios eventos para sumar puntos no Ranking!

As competicións de liga contemplan 3 categorías (Iniciación, Intermedia e Avanzada) para o formato 1vs1 (individual). O formato 2vs2 (parellas) será aberto no tocante ás categorías (participantes das 3 categorías poderán formar parella e competir xuntos/as).

FORMATOS DE COMPETICIÓN

INDIVIDUAL

INDIVIDUAL

Formato de competición un contra un dividida e 3 categorías; a) Iniciación, b) Intermedia, c) Avanzada.

PARELLAS

PARELLAS

Formato dous contra dous de categoría aberta (poden formar parella competidores/as de diferentes categorías).

AS 10 SEDES da Liga 2023

Achegamos o Breaking a toda Galicia!

PARELLAS
PARELLAS

REGULAMENTO

Todos os eventos da competición consisten en batallas que enfrontan a dous participantes, ou a dúas parellas. Cada batalla consiste nun número fixo de roldas nas que cada rolda desenvólvese do seguinte xeito: Un/unha participante/parella, realiza unha saída primeiro, e logo o/a outro/a participante/parella, responde con outra saída. Estas dúas saídas comprenden unha Rolda dentro dunha batalla.

Descargar Regulamento en PDF
PARELLAS
PARELLAS

PREMIOS

Todos/as os/as participantes da Liga recibirán un diploma da súa partcipación na Liga Xunta de Galicia de Break. Por outra banda, establécense 3 premios para aqueles/as deportistas que ao finalizar a liga acaden os 3 primeiros postos do Ranking por Categoría (1vs1). *Podes consultar os premios descargando as bases (regulamento) da Liga.

RANKING

O Ranking é unha lista ordeada das puntuacións obtidas polos/as participantes da Liga, que se establece en base aos criterios determinados no regulamento de competición.

RANKING 2023Ranking 2022

PREGUNTAS FRECUENTES

¿Hai que ter un nivel alto para participar na Liga?

Non é necesario ter nivel para competir na Liga. Contaremos con 3 categorías diferentes para a competición individual e poderás seleccionar aquela que corresponda co teu nivel técnico. Por outra banda, se compites en parella (2vs2) poderás formar equipo con participantes de distintas categorías.

¿Poden competir os menores de idade?

Sí. Poderán inscribirse para participar na Liga, en calquera dos formatos e categorías de competición previstas, todas as persoas que teñan 6 ou máis anos. No caso dos menores de idade, deberá aportarse una autorización do representante legal para finalizar o proceso de inscrición.

¿As competicións de Liga realizaranse ao aire libre ou en espazos cubertos?

A maior parte dos eventos da Liga están previstos para realizarse en prazas e parques ao aire libre. No caso de mal tempo, o evento moverase a un espazo cuberto o suficientemente amplo para manter as óptimas condicións técnicas.

¿As prazas son limitadas?

Sí, as prazas son limitadas e adxudicaranse por estricta orde de inscrición. No caso de que non se cubran todas as prazas no prazo de inscrición inicial, ou pola non concorrencia de participantes a 5 ou máis eventos da Liga, abrirase un prazo de inscrición extraordinario para ampliar prazas.

¿A inscrición na Liga inclúe o seguro deportivo?

Efectivamente, todos os eventos da Liga contarán cun seguro de accidentes deportivos que cubrirá toda a tempada 2023.

¿Se non estou inscrito/a podo participar nos eventos da Liga?

Non, os eventos da Liga terán un aforo limitado e para poder acceder ás pistas de baile será requisito ter realizada previamente a inscrición a través do formulario web.

¿Hai que inscribirse na Liga para participar nos talleres?

Sí. Se queres participar nos talleres aínda que non compitas, é preciso que realices a inscrición a través da páxina web da Liga.

¿Hai que pagar para inscribirse?

Non, a inscrición na Liga é de balde e da dereito a participar nos 10 eventos (competicións e talleres formativos).

TALLERES ABERTOS

Ao inscribirte na Liga tamén poderás participar de balde, nos obradoiros de iniciación ao Break programados nas diferentes sedes.

Indica no formulario de inscrición que estás interesado/a en participar nos obradoiros para reservar a túa praza.

*Prazas limitadas e grupos reducidos.

PARELLAS

COMO INSCRIBIRSE

PREINSCRICIÓN

    Sexo

    Indica a categoría na que queres competir

    Categoría IniciaciónCategoría Intermedia (mesmos participantes desta categoría no 2022 + Top 10 Ranking Iniciación 1vs1 Liga 2022)Categoría Avanzada (mesmos participantes desta categoría no 2022 + Top 3 Ranking Intermedia 1vs1 Liga 2022)

    Indica os eventos da Liga nos que queres participar

    TODOSLalín (13 maio)Pontedeume (20 maio)Noia (3 xuño)Porto do Son (1 xullo)Verín (26 agosto)Vigo (16 setembro)A Coruña (23 setembro)Pontevedra (14 outubro)Ourense (28 outubro)Santiago (11 novembro)

    Indica se queres inscribirte nos talleres de iniciación ao Break

    Non


    Informamos que, segundo o disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril, (RGPD) e na L.O. 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), trataremos os seus datos coa única finalidade de xestionar a inscrición na "Liga Xunta de Galicia de Break 2023" e tramitar a alta do seguro de accidentes deportivos correspondente.


    Contacto de Axuda

    Teléfono (axuda co formulario): 637 089 318

    Correo do Soporte: info@ligaxuntabreak.org

    BLOG DA LIGA

    Final da Liga Xunta Break o 11 de novembro no CC. Área Central en Santiago!

      XURADO Serlli Lúa Chiscrow   DJ Mil + DJ Gabry Massa   HOST Norte   #LigaXuntaBreak      

    9 xornada da Liga Xunta Break no Espazo Xove de Ourense!

        XURADO Lúa Chiscrow Big Nomo   DJ Mil   HOST Norte   #LigaXuntaBreak      

    8 xornada da Liga Xunta Break no C.G.T.D. de Pontevedra!

        XURADO Chiscrow Anxo Serlli   DJ Gabry Massa   HOST Norte   #LigaXuntaBreak      

    A 7 xornada da Liga Xunta de Galicia de Break será na Coruña!!

        XURADO Chiscrow Marcel Serlli   DJ Mil   HOST Norte   #LigaXuntaBreak      

    Sexta xornada da Liga Xunta de Galicia de Break 2VS2 no C.C. Vialia Vigo!!

        XURADO Lúa Serlli Vladi   DJ Mil   HOST Norte   #LigaXuntaBreak      

    Quinta xornada da Liga Xunta de Galicia de Break no Festival Extruga na Rúa (Verín)!!

        XURADO SerLli Anxo Chiscrow   DJ Gabry Massa   HOST Norte   #LigaXuntaBreak      

    A cuarta xornada da Liga Xunta de Galicia de Break cae no Rompetiño (Porto do Son)!!

        XURADO SerLli Chiscrow Lúa   DJ Mil   HOST Norte   #LigaXuntaBreak      

    Terceira xornada da Liga Xunta de Galicia de Break 2023 en Noia!!

        XURADO SerLli Chiscrow Anxo Flava   DJ Mil   HOST Norte   #LigaXuntaBreak      

    Pontedeume acolle a segunda xornada da Liga Xunta de Galicia de Break 2023

        XURADO SerLli Chiscrow Nomo   DJ Gabry Massa   HOST Norte   #LigaXuntaBreak      

    Este sábado comeza a terceira tempada da Liga Xunta de Galicia de Break en Lalín

      XURADO SerLli Chiscrow Nomo   DJ Mil   HOST Norte   #LigaXuntaBreak      

    Final da Liga Xunta de Galicia de Break este sábado en Compostela na Cidade da Cultura!!!

    A 10ª xornada da Liga Xunta de Galicia de Break celebrarase este sábado 03 de decembro en Santiago de Compostela (Cidade da Cultura – Auditorio do Edificio Fontán) e será en formato individual 1vs1.   A competición dará comezo no horario habitual de 17:00 ata as 20:30 aprox. (confirmación de participantes de 16:00 a 17:00 […]

    A 9ª Xornada da Liga Xunta de Galicia de Break foi no CGTD de Pontevedra!!!

    Mini Ali coróase como campiona da categoría intermedia a falta do derradeiro evento da Liga de Break.   A novena Xornada da Liga Xunta de Galicia de Break, celebrada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra) puxo a Mini Ali (Ourense) matematicamente como campiona da liga na categoría intermedia. Na mesma categoría, bboy Wolfy (A […]

    8ª Xornada da Liga Xunta de Galicia de Break no Espazo Xove de Ourense!!!

    A 8ª xornada da Liga Xunta de Galicia de Break celebrarase no Espazo Xove de Ourense situado na rúa Celso Emilio Ferreiro, 27 e será en formato parellas 2vs2. A competición dará comezo no horario habitual de 17:00 ata as 20:30 aprox. (confirmación de participantes de 16:00 a 17:00 horas). O taller será impartido por […]

    A alameda de Pontedeume acolle a Liga Xunta de Galicia de Break!!!

    A sétima xornada da Liga Xunta de Galicia de Break chega a Pontedeume a falta de tres eventos para o final da tempada. Durante esta xornada moitos veciños e viandantes que paseaban pola alameda puideron presenciar as batallas que se desenvolveron no escenario principal do parque.   Pontedeume deixou un podio que permite que Bgirl […]

    7ª xornada da Liga Xunta de Galicia de Break o 8 de outubro en Pontedeume!!!

    A 7ª xornada da Liga Xunta de Galicia de Break terá lugar na Alameda de Pontedeume (pavillón do IES Breamo en caso de chuvia) e será en formato 1vs1. A competición dará comezo no horario habitual de 17:00 ata as 20:30 aprox. (confirmación de participantes de 16:00 a 17:00 horas). O taller será impartido por […]

    Vialia acolle en Vigo a 6ª xornada da Liga Xunta de Galicia de Break!!!

    A sexta xornada da Liga Xunta de Galicia de Break será en formato 2vs2 e celebrarase o sábado 10 de setembro en Vigo (Centro Comercial Vialia) no espazo Food Court (no interior en caso de mal tempo) en horario de 17:00 a 20:30 (confirmación de participantes de 16:00 a 17:00 horas). O taller será impartido […]

    A nova xeración de Bboys e Bgirls sube o nivel na xornada da Liga de Break de Verín!!!

    Volve a Liga Xunta de Galicia de Break, esta vez dentro da programación do Festival Extruga na Rúa, celebrado en Verín.  Rematou o verán, pero non as ganas de seguir bailando Break e así o deron a coñecer todos os/as deportistas que participan na Liga, que unha vez máis tivo unha alta participación.     Neste […]

    A 5ª Xornada da Liga de Break cae en Verín no Festival Extruga na Rúa!!!

    A quinta xornada da Liga Xunta de Galicia de Break celebrarase o sábado 27 de agosto en Verín (Camiño da Preguiza), enmarcado no festival de cultura urbana Extruga na Rúa (no caso de choiva, a competición terá lugar no pavillón municipal). O taller impartirase no mesmo lugar que a competición de 12:30 a 13:30 horas. […]

    Alta participación e moito nivel na xornada da Liga de Break celebrada en Porto do Son!!!

    O Rompetiño Jump aposta polo deporte urbano, acollendo en Porto do Son á Liga Xunta de Galicia de Break. Música, Parkour, Skate, BMX e Break foron as principais actividades deste festival galego que medra a pasos axigantados en cada edición.     Na competición de Break, nesta ocasión na modalidade mixta 2vs2, participaron 22 parellas […]

    4ª Xornada da Liga de Break en formato 2vs2 no Festival Rompetiño!!!

    A cuarta xornada da Liga Xunta de Galicia de Break celebrarase o sábado 2 de xullo no Peirao de Porto do Son, enmarcado no festival de cultura urbana Rompetiño Jump (no caso de choiva, a competición terá lugar no pavillón municipal). O taller impartirase no mesmo lugar que a competición (*1 hora antes do horario […]

    Batallas 1vs1 e crew vs crew improvisada na terceira xornada da Liga en Noia!!!

    A Liga Xunta de Galicia de Break está a romper todos os pronósticos. Non hai resultado que se repita, con excepción da ourensá Mini Ali que segue invicta na categoría intermedia.   Noia non deixou indiferente a ninguén, dende a victoria, en cuartos de final, da Bgirl Xayna sobre o líder do ranking da categoría […]

    Terceira Xornada da Liga de Break sábado 4 de xuño en Noia!!!

    A terceira xornada da Liga XGB celebrarase na Alameda de Noia (no caso de choiva, a competición terá lugar no pavillón Agustín Mourís situado ao lado da Alameda e anexo ao Espazo Xove). O taller impartirase no Espazo Xove de Noia situado na Rúa Pedra Sartaña, nº2.   HORARIOS: Taller formativo: 12:30 a 13:30 Confirmación […]

    Viveiro vibra a golpe de Breaking Galego!!!

    A Liga Xunta de Galicia de Break continúa e nesta ocasión trasladámonos ao Espazo Xove de Viveiro cunha nova xornada organizada por Vella Escola e que comezou con obradoiros de Break impartidos por Bboy Serlli e Retrokid, que trasladaron a súa experiencia e coñecemento a tódolos participantes como veñen facendo en cada evento de Liga. […]

    Este sábado 28 de maio a Liga de Break pasará por Viveiro!!!

    A segunda xornada da Liga XGB terá lugar en Viveiro, concretamente no Espazo Xove situado na Avenida Cervantes, 19 onde se desenvolverá a competición deportiva en horario de tarde precedida polo taller formativo que terá lugar no mesmo espazo en horario de mañá.   HORARIOS: Taller formativo: 12:30 a 13:30 Confirmación de participación da competición: […]

    Lalín, primeira sede da Liga Xunta de Galicia de Break 2022.

    Despois de 5 meses de descanso, Lalín deu o pistoletazo de saída da nova tempada da Liga Xunta de Galicia de Break.   Nesta xornada, con preto de 40 deportistas e familiares acompañantes procedentes de toda a xeografía galega, estivo presente a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, que presentou a iniciativa […]

    O 14 de maio comeza a Liga Xunta de Galicia de Break 2022!!!

    Este sábado 14 de maio dará comezo a Liga Xunta de Galicia de Break 2022 que terá como sede do primeiro evento do circuito galego a Laín. O evento desenvolverase no parque anexo ao Espazo Xove situado na rúa Penatoares, nº2.   A confirmación de asistencia para participar estará aberta desde as 16:00 ata as […]

    Vigo pecha a Liga Xunta de Galicia de Break 2021!!!

    Vigo pecha a liga Xunta de Galicia de Break tras 9 eventos de liga celebrados e organizados por Vella Escola nas localidades de Viveiro, Lalín, Noia, A Coruña, Lugo, Pontevedra, Vilagarcia de Arousa, Ourense e Santiago de Compostela.       O C. C. Vialia de Vigo foi o lugar elixido para poñer o broche […]

    Último evento da Liga Xunta de Galicia de Break o domingo 19 de decembro en Vigo!!!

    O domingo 19 de decembro terá lugar a última xornada da Liga Xunta de Galicia de Break 2021 en Vigo (Centro Comercial Vialia Estación) con formato 1vs1 (individual) para as dúas categorías de competición (iniciación e avanzado).   O campionato dará comezo a partir das 16:00 horas no espazo «Vigo Exporta» situado no Centro Comercial […]

    Chega a Ourense a penúltima xornada da Liga Xunta de Galicia de Break!!!

    Este sábado 06 de novembro terá lugar en Ourense a 9ª competición da Liga Xunta de Galicia de Break que terá formato 2vs2 (parella) para as dúas categorías de competición (iniciación e avanzado).   O campionato do próximo sábado ubicarase no Espazo Xove de Ourense situado na rúa Celso Emilio Ferreiro, nº27 – Ourense.   […]

    O evento da Liga de Break de Santiago finaliza con podio de Mini Ali, Pau, Gnomo e Artur!!!

    Presentamos os resultados do evento da Liga Xunta de Galicia de Break celebrada o pasado sábado 23 de outubro en Santiago de Compostela (Cidade da Cultura) enmarcado no evento Mocidade 2021:   ➡️ Iniciación 🥇 Bgirl Mini Ali 🥈 Bgirl Pau   ➡️ Avanzado 🥇 Bboy Gnomo 🥈 Bboy Artur     #XuventudeGalicia #DeporteGalego #breaking #ligaxuntadegaliciadebreak #LigaXuntaBreak #SantiagoDeCompostela #Mocidade2021 #CidadeDaCultura #VellaEscola #CulturaUrbanaGalicia […]

    Resultados do evento de Lugo da Liga Xunta de Galicia de Break!!!

    O pasado sábado 16 de outubro tocou evento de Liga de Break en Lugo onde cos seguintes resultados acadados na competición 1vs1:   ➡️ Iniciación 🥇 Bgirl Mini Ali (Ourense) 🥈 Bboy Stormy (A Coruña)   ➡️ Avanzado 🥇 Bboy Artur (Santiago de Compostela) 🥈 Bboy SerLli (Santiago de Compostela)   #XuventudeGalicia #DeporteGalego #breaking #ligaxuntadegaliciadebreak #LigaXuntaBreak #Lugo #VellaEscola #CulturaUrbanaGalicia    

    A seguinte parada da Liga Xunta de Galicia de Break será en Lugo!!!

    Este sábado 16 de outubro desprazámonos a Lugo onde realizaremos a vindeira xornada da Liga Xunta de Galicia de Break que terá formato 1vs1 (individual) para as dúas categorías de competición (iniciación e avanzado).   O campionato deste sábado ubicarase no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia situado na rúa Ronda da Muralla, nº71 – […]

    O sexto evento da Liga Xunta de Galicia de Break aterriza en Pontevedra!!!

    O vindeiro sábado 25 de setembro terá lugar en Pontevedra a sexta competición da Liga Xunta de Galicia de Break que terá formato 2vs2 (parella) para as dúas categorías de competición (iniciación e avanzado).   O campionato do próximo sábado 25 de setembro ubicarase no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) situado na rúa Padre […]

    Bboy Serlli e Mini Ali imbatibles e á cabeza do ránking da L.X.G.B!!!

    Bboy Serlli (Santiago de Compostela) e Mini Ali (Ourense) imbatibles e á cabeza do ránking da Liga Galega de Break!!!  O campionato da Liga Xunta de Galicia de Break de Noia remata cunha participación de 38 competidores que se achegaron á vila mariñeira desde diferentes puntos de Galicia para batallar pola medalla de ouro da […]

    Comeza en Noia a Segunda Fase da Liga Xunta de Galicia de Break!!!

    O sábado 11 de setembro terá lugar en Noia o primeiro campionato da segunda fase da Liga Xunta de Galicia de Break O campionato terá lugar a partir das 16:00 horas no parque da alameda (Pavillón Alonso Rodríguez en caso de choiva). O taller formativo impartirase no Espazo Xove de Noia situado na rúa Pedra […]

    A derradeira xornada da primeira fase da Liga de Break será en A Coruña!!!

    O vindeiro sábado 26 de xuño terá lugar en A Coruña a derradeira xornada da primeira fase da Liga Xunta de Galicia de Break que terá formato 1vs1 (individual) para as dúas categorías de competición.   O campionato do próximo sábado 26 de xuño ubicarase nos Xardíns de Méndez Núñez (preto do palco da música) […]

    Pau-Noa e Serlli-Sinopsis á cabeza no formato 2vs2 en Vilagarcía!!!

    3ª Xornada da Liga Galega de Break en Vilagarcía   O sábado 19 de xuño celebrouse en Vilagarcía a terceira xornada da Liga Xunta de Galicia de Break promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Xunta de Galicia) baixo a produción de Vella Escola e coa […]

    Imos a pola terceira xornada de Liga que será en Vilagarcía o 19 de Xuño!!!

    Estreamos formato 2vs2 (parellas) na terceira xornada da Liga Xunta de Galicia de Break que terá lugar en Vilagarcía de Arousa, así que xa sabes… non quedes sen parella!!!   O sábado 19 de xuño terá lugar en Vilagarcía de Arousa a terceira xornada da Liga Galega de Break e ubicarase no Parque da Xunqueira […]

    Final axustada en Lalín na categoría avanzada e sube o nivel en iniciación!!!

    2ª Xornada da Liga Galega de Break en Lalín   O pasado sábado 5 de xuño tivo lugar no Espazo Xove de Lalín a segunda xornada da Liga Xunta de Galicia de Break promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Xunta de Galicia) baixo a produción […]

    Capítulo 3 da Serie de youtube da Liga Galega de Break (Break Studio)

    Compartimos o terceiro capítulo da serie da Liga Galega de Break que está a producir Bboy Serlli na súa canle Break Studio.   Desde a organización da Liga Galega de Break convidámoste a que sigas a serie sobre a Liga na canle de Youtube https://www.youtube.com/user/SerlliBboy e a que compartas tamén a túa experiencia nas redes. […]

    A segunda xornada da Liga Xunta de Galicia de Break cae en Lalín

    A segunda xornada da Liga Xunta de Galicia de Break cae en Lalín   O vindeiro sábado 5 de xuño celebrarase a segunda xornada da Liga Galega de Break en Lalín e ubicarase no espazo exterior do Espazo Xove situado na rúa Penatoares, nº2.   O taller formativo terá lugar no interior do Espazo Xove […]

    Vigo e Santiago á cabeza do Ranking da Liga Xunta de Galicia de Break!!!

    1ª Xornada da Liga Galega de Break en Viveiro   O pasado sábado 22 de maio tivo lugar no Espazo Xove de Viveiro a primeira xornada da Liga Xunta de Galicia de Break promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (Xunta de Galicia) baixo a produción […]

    Bboy SerLli fala sobre a estratexia para gañar a Liga de Break!!!

    Pois sí, Bboy SerLli comparte con todos nós as súas reflexións e experiencia sobre competición e algunha das claves importantes para gañar batallas de Break. Dalle unha ollada ao segundo capítulo da serie que deixamos xusto a continuación e logo xa sabes…A PRACTICAR!!! Desde a organización da Liga Galega de Break convidámoste a que sigas […]

    BREAK STUDIO fará unha serie sobre a Liga na súa canle de Youtube!

    Break Studio é unha canle de Youtube especializada en Break con máis de 35.000 subscritores e que está protagonizada por Bboy Serlli. O pasado luns 10 de maio, publicábase nesta canle a grande nova de que Bboy Serlli participará na Liga Galega de Break e que compartirá públicamente a través desta canle os seus adestramentos […]

    Chega a Viveiro o primeiro campionato da Liga Galega de Break!

    O vindeiro sábado 22 de maio chega a Viveiro o primeiro campionato da «Liga Xunta de Galicia de Break» que terá lugar en horario de tarde de 16:00 a 20:00 horas na explanada exterior do Espazo Xove situado na Avda. Cervantes, nº19.   O mesmo día pola mañá en horario de 12:30 a 13:30 organizarase […]